Un adival amarrado á viga do corral chegaba para divertirse durante horas, e cando tiña un saco como asento para non deixar as lastras nas cachas era o "non vai máis". E quen non tiña viga tiña carballos, piñeiros ou maceiras pero randear, randeabamos. Hoxe colúmpianse. 😏
Ningún comentario:
Publicar un comentario