LIBRETAS

mércores, 1 de febreiro de 2017

ASÍ EMPEZOU TODO


Libreta de Reis improvisada para unha meniña que, na súa escasa lista, lles pedía un caderno cun loro nunha póla de carballo. Por máis que pescudamos non demos co loro e menos nun carballo!!!  Como non era cousa de acabarlle co último ano de ilusión que lle quedaba tivemos que argallarlle o agasallo. O loro parece, o carballo non, pero os brincos que deu ao ver a libreta non houbo quen os pagara. E así empezou o conto das libretas de puntos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario