Todo remata e cómpre repoñer. Anque teño unha pequena colección de puntiños hai veces que as cores esgótanse ou o tamaño dos puntos cilíndricos (que non círculos por certo) non son axeitados. Onte paseime as miñas boas 3 horas taladrando papeis mentres escoitaba na tele unha reportaxe do resultado das votacións de Vistalegre II e das consecuencias para o secretario político e portavoz da agrupación no Congreso. Ai que demo!!! Disque o fulminaron ... ou non. Pero volvamos cos non círculos e sí cilindros


Ningún comentario:
Publicar un comentario