LIBRETAS

sábado, 2 de decembro de 2017

FLORES CHINESAS

Máis que chinesas son mercadas nun comercio chinés, pero de manufactura madrileña. 😅😅😅. Servíronme para sair do paso.

xoves, 31 de agosto de 2017

martes, 29 de agosto de 2017

mércores, 16 de agosto de 2017

luns, 14 de agosto de 2017

RECTÁNGULOS

Levo unha tempada cunha parte da xeometría, fácil, cómoda, rápida. O encargo xa chegou ao sitio por iso podo publicalo. Bicos.


venres, 11 de agosto de 2017

LOCOMOTORA

Una máquina de tren para un neno que é unha máquina de vida. Ten 4 anos e non precisa fuel para percorrer as rúas. Foi un pracer coñecerte Sólomon. 


mércores, 2 de agosto de 2017

ARQUEIRO

Esta semana adicarémoslla ás Torres de Oeste. Dicir que despois de 50 e tantas edicións as cousas non cambiaron nadiña. Case case son o único que ten Catoira,  ese espazo arrodeado de pontes, pero é ben bonito. E os representantes do concello non saben como facer para telo amparado á vez que publicitado. Ai! se o colleran persoas con miras máis alá da festa vikinga.

 

martes, 1 de agosto de 2017

luns, 31 de xullo de 2017

xoves, 20 de xullo de 2017

A SEREA

A libreta anterior saíu desta, a orixinal de Castelao, pero adaptada no xénero. Parece que en masculino non fai tanto mal.

UFFF

Nunca se me ocorrería facer esta libreta pero pedíronma e... Pode levar a sentimentos contradictorios. Pola miña parte nin unha cousa nin a outra. 



mércores, 19 de xullo de 2017

DO REVÉS

Mandáronme a imaxe e interpreteina mal. É xusto do revés. Sabendo o título o protagonismo lévao a parte de abaixo do cadro. Sempre podería taladrala pola outra banda pero non quixen facelo. Así tamén ten un pase. 



Can fronte ao sol

venres, 14 de xullo de 2017

ESPERANDO

Gustaríalle a alguén esta cadeliña ofrecéndose a que a levaran? Ao mellor Merche cóntamo cando fagan reconto das súas vendas.


xoves, 13 de xullo de 2017

RESTOS

Nin se me ocorre repetir o do ano pasado pero sí que cederei as libretas que ainda teño daqueles días. A non ser que Rita queira volver a asarse viva💓

mércores, 12 de xullo de 2017

FLORES DE PAPEL

Deste caderno o máis difícil foi pintarlle as tapas. Despois, a silicona e as flores de papel fixeron o resto. 😜

domingo, 9 de xullo de 2017

Ábore

Acabei o tempo para facer as libretas que me pediron. Entregareinas mañá. Desexo que gusten e a xente as leve.

xoves, 6 de xullo de 2017

VOLVEREI A CAMBADOS

Encántame saber que o meu ocio serve para algo tan bonito.... ou máis... que para os amigos, amighas, compañeiros.... Hoxe Merche pediume que, se podía, lle levase máis libretas. De puntos teño poucas e non merecen a pena, por iso estou traballando "intensamente" para levarlle algunhas de rápida feitura.

martes, 4 de xullo de 2017

AME

Esta é unha das 8 libretas que deixei hoxe na tenda solidaria que AME de Cambados ten no baixo da Casa Torrado. Pilloume desprevenida!!! e traballei rápido para poder colaborar con elas-eles. Teñen un montón de cousas así que ogallá teña moitas visitas. Sorte para Merche e as colaboradoras.


sábado, 1 de xullo de 2017

CADERNO DE FIRMAS

Só teño esta imaxe de caderno de Marina. Está sen rematar. Fáltanlle catro detalliños que completaron un chisco a portada.


venres, 30 de xuño de 2017

FESTA

Hoxe foi un día especial para dúas persoas que coñecín este ano. Quixen facerlles unhas libretas para que unha morea de xente lles puxese os seus desexos para o futuro. Coido que eu non escribin nada nelas pero deixeilles o mesmo sentimento a cada un nas tarxetiñas. Espero volver velos e comprobar que a vida lles vai como desexan. Bicos para Miguel e Marina.



mércores, 28 de xuño de 2017

sábado, 24 de xuño de 2017

EN SERIE

O tempo corre que se mata pero deume tempo a cumplir coas nenas. Algo fácil e socorrido.





 

domingo, 18 de xuño de 2017

RODA PUNTEADA

Xa teño dous pedidos máis de libretas deste tipo pero teñen que esperar. Malas datas para o ocio. Queda unha semana dura e espero que saibades agardar uns días máis. Refírome a Bego e a Mary Carmen.


mércores, 14 de xuño de 2017

SIMPLICIDADE

Xa está! Igual non era así exactamente pero pódese modificar ou facer outra, anque xa sabes, miña irmá, que non me gusta repetir.


COUSAS PEQUENAS

Con estas xa teño 6 pero fáltanme 9 e só quedan 8 días. Vou ter que acudir á simpleza e vouno sentir.