LIBRETAS

venres, 30 de xuño de 2017

FESTA

Hoxe foi un día especial para dúas persoas que coñecín este ano. Quixen facerlles unhas libretas para que unha morea de xente lles puxese os seus desexos para o futuro. Coido que eu non escribin nada nelas pero deixeilles o mesmo sentimento a cada un nas tarxetiñas. Espero volver velos e comprobar que a vida lles vai como desexan. Bicos para Miguel e Marina.



mércores, 28 de xuño de 2017

sábado, 24 de xuño de 2017

EN SERIE

O tempo corre que se mata pero deume tempo a cumplir coas nenas. Algo fácil e socorrido.





 

domingo, 18 de xuño de 2017

RODA PUNTEADA

Xa teño dous pedidos máis de libretas deste tipo pero teñen que esperar. Malas datas para o ocio. Queda unha semana dura e espero que saibades agardar uns días máis. Refírome a Bego e a Mary Carmen.


mércores, 14 de xuño de 2017

SIMPLICIDADE

Xa está! Igual non era así exactamente pero pódese modificar ou facer outra, anque xa sabes, miña irmá, que non me gusta repetir.


COUSAS PEQUENAS

Con estas xa teño 6 pero fáltanme 9 e só quedan 8 días. Vou ter que acudir á simpleza e vouno sentir.






martes, 13 de xuño de 2017

FELICIDADES

Entregueilla o domingo na celebración familiar pero hoxe é o seu aniversario. Que dicir? Lástima de mandil. 😂😂😂😂



domingo, 11 de xuño de 2017

INTERPRETACIÓN AUMENTADA

A culpa foi da cor de fondo da portada, demasiado escura, por iso petoume e púxenlle dous óvalos máis que saquei doutros cadros de Miró.

Baseado na " mujer ante el sol"


sábado, 10 de xuño de 2017

RANDEEIRA

Un adival amarrado á viga do corral chegaba para divertirse durante horas, e cando tiña un saco como asento para non deixar as lastras nas cachas era o "non vai máis".  E quen non tiña viga tiña carballos, piñeiros ou maceiras pero randear, randeabamos. Hoxe colúmpianse. 😏

xoves, 8 de xuño de 2017

A ÚLTIMA

É a última porque a entregarei este domingo. É para Sisi, Cruz para os alleos, porque hai un tempo mirou outra mandala bastante imperfecta e quixo quedar con ela. Espero que esta lle ghuste tamén. 



mércores, 7 de xuño de 2017

AFOUTEZA

 Disposición do espírito que leva a acometer calquera empresa sen temor ás dificultades. Verba bonita! É a min houbo quen me retou! Aquí está o resultado. 😀


 A pintura orixinal de Kandinsky

O meu atrevemento

Que o saibas, señorita: xa ten dona. Síntoo. 💔

martes, 6 de xuño de 2017

GATA E TRASNO

Pequenas sí que son pero levan un montón de puntiños. Dúas libretiñas para dous gustos distintos.





sábado, 3 de xuño de 2017

venres, 2 de xuño de 2017

ATREVEMENTO

A culpa é miña anque Eulalia, sen querer, provocoume. 😏


 A bailarina de Miró, a de verdade


O resultado da ousadía

xoves, 1 de xuño de 2017

AZUR E OURO





MINIATURAS

Remata o curso e hai que ter provisións para moitas e moitos pequenos. Realmente merecen grandes cadernos pero, pode ser que así achiquen un pouquiño a letra e sexan capaces de redactar unha oración nunha sola folla? Deus, que puñetera son!!!!