LIBRETAS

venres, 31 de marzo de 2017

DÚAS MÁIS

As libretas anteriores foron para dúas nenas pero estas son para uns nenos aos que tamén lles gustan as flores. Gracias por dicirmo e pedirmas.


venres, 24 de marzo de 2017

NEGRO E BRANCO

Coido que me gustan máis as portadas negras e recheas de puntos, pero os gustos varían dunhas persoas a outras.



mércores, 22 de marzo de 2017

ÄRBORE DE OUTONO

Hai pouco que a propietaria deste caderno me mandou a foto para poñela no blog. Mágoa que non retratara tamén a parte interior para saber se os folios seguían en branco ou non. Gracias Rebeca.




martes, 21 de marzo de 2017

domingo, 19 de marzo de 2017

STAR WARS

Meus Deus! Espero que Disney non me pida dereitos de autor por atreverme a esto. Que saiba que non se vendeu, reghalouse!!! Non é unha libreta senón un álbum de debuxos... de La Guerra de las Galaxias


sábado, 18 de marzo de 2017

DE CASTELAO

Falta a sentencia escrita: e pra que son os diputados?. Eu non o sei, meu fillo. Parece ser que agora xa o sabemos!!!!





xoves, 16 de marzo de 2017

ELFA ALADA


Elfo ou elfa? No diccionario da RAG non aparece o termo ELFA e sí o substantivo masculino. Tampouco imos preguntarlle así que queda nomeada elfa alada. 






domingo, 12 de marzo de 2017

A GAME OF THRONES

Ou o que ven sendo "Xogo de Tronos". Moito oin falar desta serie pero nunca a mirei así que non teño nin idea de quen son estes homiños. Pero Laura e Coral sí saben.





xoves, 9 de marzo de 2017

ESCORPIONES

Non é unha libreta senón unha especie de póster sobre madeira para un clube de moteiros de Camtabria. Cousas de Blanca!!!!

martes, 7 de marzo de 2017

PUNTO E FINAL...

Mañá, hoxe celebramos o Día da Muller Traballadora, este ano cheo de reivindicacións  de moito peso. Eu acordeime de todas aquelas as que estas loitas xa non lles incumben,  pois a dor superaba calquera outro desprezo político, social, familiar. Para todas elas o punto final rematou a redacción da súa vida pero hai moitas que seguen pelexando co punto e seguido, o punto e aparte, os dous puntos, o punto e coma, os puntos suspensivos...

luns, 6 de marzo de 2017

DE ALIVIO

 Loito atenuado no que se introducen cores distintas da negra. Para o día que se aveciña.



domingo, 5 de marzo de 2017

HOMES DO NORTE

Unha morea deles chegaron un día ao pé de Catoira. Disque houbo unha loita que rematou coa poboación autóctona e, mirade por onde, cada ano acostuman a celebrar unha festa para lembralos, aos normandos!!! 🙉🙊 Haiche cada! E por enriba vou eu e fágolles libretas con eles de protagonistas. Guapos son, ou así os debuxa Manuel.




mércores, 1 de marzo de 2017

BOLBORETA

Canto tempo hai desta!!! A pobre xa tivo que morrer cheiña de garabatos de mil cores de ceras plastidecor. 👧❤


CARTUCHOS

Xa non son os primeiros que fago, pero coma estes só hai outro caderno por aí, Espero que coa metade das follas xa escritas,