LIBRETAS

martes, 30 de maio de 2017

luns, 29 de maio de 2017

MÚSICA VELLA

Ten varios meses, por iso o de vella. A persoa que a ten úsaa a cotío porque lla vexo. 😊


xoves, 25 de maio de 2017

VOLTA AOS CÍRCULOS

Acabo de rematala. Non me deu tempo a levala onte a unha comida que xa espero outra vez con ilusión, así que queda reservada para calquera ocasión que poida xurdir.



luns, 22 de maio de 2017

FLORES PARA AITANA

Non podía crer que tamén houbera unha libretiña para ela.  O que sinto é non ter na casa outra cousa máis grande e xeitosa. 

domingo, 21 de maio de 2017

PETICIÓN ENTREGADA

Ana  e Nesaht coas súas axendas. Mañá ensinareille a foto porque ademáis das libretiñas queren verse aquí.


sábado, 20 de maio de 2017

OWANÉ PARA SELA

Quixo Correos que chegara xusto o día do seu aniversario. Eu tampouco o sabía. Penso que lle gustou, Sela preciosa, gustaríame saber cal é o teu nome completo

venres, 19 de maio de 2017

mércores, 17 de maio de 2017

LETRAS GALEGAS

Lembro que tiña un caderno deste día: "CHÁNTALLE NA LINGUA" pero non a atopo. Sí teño a ilustración que fixo Manuel Marín para celebralo no IES de Meaño. O caso é que me apetece facer outra na que se lembre o día das Letras Galegas, pero seguro que non vai levar a data de hoxe. Pensarei outra cousa.  Feliz día o de hoxe e o dos 364 días restantes porque nos chega a vela aos dedos.

LIBRETA DE SUSANA

Gracias a Susana por mandarme a foto da súa libreta pois esta xa non a tiña no meu arquivo. Demasiado nova e limpa Susana! Seguro que a tes no escritorio pero sin usar. Pois así non vou reghalarche outra.


domingo, 14 de maio de 2017

GUERREIRO POKEMON

Cando un neno a viu... tirouse a ela! Non polo vikingo senón polo escudo que axiña identificou cunha bóla pokemon. O que me puiden rir! O pai quíxolla mercar pero eu regaleilla. Meu rei!!! Teño a foto do día pero non podo publicala porque non teño permiso nin sei como conseguilo.

A cambio o señor colleu outros dous cadernos, tamén de vikingas, para as nenas. 

sábado, 13 de maio de 2017

TEMPOS MODERNOS

Imaxinaríase Castelao que o seu debuxo ía ser tan actual? Pasamos dos "reás" aos euros pero as familias políticas, as intencións e os intereses seguen sendo os mesmiños daqueles tempos. 😒

xoves, 11 de maio de 2017

CÍRCULOS CONCÉNTRICOS

Esta non é para Eulalia, anque se lle gusta pode quedar con ela despois de elexir entre outras dúas que de momento non ensinarei. Espero que sexa algo así o que che gusta. Bicos e ata prontiño.

domingo, 7 de maio de 2017

PÓSTER

Nun principio foi caderno pero logo alguén que se interesou por ela decidiu desfacelo e poñerlle un marco. Oh!!! Cada un fai das súas adquisicións o que lle peta, e iso que lle dixen que o debuxo orixinal sí pagaba a pena e non estes puntiños de recheo. 




venres, 5 de maio de 2017

AFRICANA PARA GELI

Agora xa podo publicala porque chegou onte a destino. Non quería adiantar a sorpresa e resulta que se adiantou ela. Já!. E xa atopei a Owané, que o saibas.