LIBRETAS

domingo, 30 de abril de 2017

LÚA PRATEADA


Esta é a portada que substituíu á africana anterior. Precisa duns reflexos de luz para darlle un pouco de brillo. 


AFRICANA 3

Caderno que nunca veu a luz. Tan pronto o rematei, levantei todos os puntos. Era feo con ganas. Aproveitei a libreta para facer un gato mirando a lúa


venres, 28 de abril de 2017

OLAF, O GHUAPO

Este caderno cadrado teno Lucía, alá no ducado de Alba ((((😂 )))) preto de Pontevedra. Lémbrome das risas e dos comentarios que xurdiron arredor da mesa de despedida de Mon cando Lucía descubreu a súa libreta. Alí estabamos uns cantos amighos e amighas que ainda nos seguimos querendo. Canto vos boto de menos!!!

mércores, 26 de abril de 2017

JESUS!!!

Neste mundo hai de todo e para todo, concretamente para Blanca. Non sei se lle sigue a pasión polos cranios pero máis lle vale que conserve o seu. Muás Blanquita. Ainda lembro aquelo de "me cago en lo más barrido"

domingo, 23 de abril de 2017

mércores, 19 de abril de 2017

FOLLAS

Que mal fago as fotos! Non me queda unha portada dereita!
Este caderno useino eu e aprendín unha cousa: as esquinas acaban por abrirse, Hai que poñerlle remedio, pero non é doado atopar o material para recubrir os cantos. 


BONECAS

Xa teñen donas. Agora espero que se poñan de acordo para elexir cadansúa sen discutir. Máis lles vale!



sábado, 15 de abril de 2017

INCA

Inca? Algo semellante pero o que vos dicía antes, con esta acabei o anaco de papel dourado.


DOURADO SOBRE NEGRO

Tiven que mercar unha cartulina dourada para outro asunto e agora téñolle que dar saída ao sobrante. 



venres, 14 de abril de 2017

AFRICANA

O debuxo orixinal está collido de foromanualidades.facilísimo.com,  láminas africanas. Logo puxémoslle uns puntiños e unha banda e quitámoslle outros detalles. Ao final quedou así.


RECORDO DO PASADO



martes, 11 de abril de 2017

LISTA DA COMPRA

Estas son dúas libretas bi-recicladas cos sobrantes de material doutros traballos, Unha delas é o meu bloc da lista da compra e a supoño que tamén. Como me indicaron, as follas son demasiado longas por iso agora fágolles un pequeno corte punteado para poder rachalas e doblar o seu uso.



SEN MERITO... APARENTE

Este caderno é moi recente pero é case unha copia doutro que ten moitos anos. Interesoulle a unha persoa que llo mirou a un coñecido (a algún/algunha de San Tomé, está claro) e descubreu este blog. Escribiume para pedirmo pero recoñezo que non é dos que máis me gusta. Con todo, a ela sí polo tanto mandareillo cando volva a casa. Gracias.

luns, 10 de abril de 2017

VIOLA

Esta sí, é un pensamiento. Tiñámolas en macetas e na terra do xardín.

FREESIA

Non consigo dar co nome común desta floriña que medraba debaixo das viñas da horta do meu avó, pero estou segurísima de que daquela non lle chamabamos freesia. Teño  o nome na punta da língua e
 aí queda

.

domingo, 9 de abril de 2017

CADERNO DE REXISTRO

Moita información recollida dentro destas follas. Neste caso sí sei que se usou anque creo que caducou. Penso que Javi necesita outra, pero eu tamén necesito certa información para que as follas resulten útiles. Pode que para o seguinte curso.


sábado, 8 de abril de 2017

TIGRE

Un felino moi agraciado. Parece que lle gusta a Mario e a min tamén. É o primeiro que fago.





mércores, 5 de abril de 2017

ELFO NA LÚA

Faltáballe a parella a aquela elfa alada de hai tempo por iso Manuel Marín me regalou un debuxo que acabou en esto.


sábado, 1 de abril de 2017

SUPERESPECIALISTAS

Adicada a todas as persoas con autismo pero, sobre todo porque estiveron ao meu lado ensinándome, quero lembrar a Cloe, superespecialista en abrazos, a Dani, superespecialista en robots, a Diego, superespecialista en ondas gravitacionais, a Carlos, superespecialista en nubes, a Ángela, superespecialista en hoteles, a Alberte, superespecialista en vitaminas e proteinas, a Anxo, superespecialista na orden, a Lucía, superespecialista no manexo das regletas de Cuisenaire e a Manuel, superespecialista no abecedario. Para eles, elas e as súas familias o maior aprecio.