LIBRETAS

luns, 31 de xullo de 2017

xoves, 20 de xullo de 2017

A SEREA

A libreta anterior saíu desta, a orixinal de Castelao, pero adaptada no xénero. Parece que en masculino non fai tanto mal.

UFFF

Nunca se me ocorrería facer esta libreta pero pedíronma e... Pode levar a sentimentos contradictorios. Pola miña parte nin unha cousa nin a outra. 



mércores, 19 de xullo de 2017

DO REVÉS

Mandáronme a imaxe e interpreteina mal. É xusto do revés. Sabendo o título o protagonismo lévao a parte de abaixo do cadro. Sempre podería taladrala pola outra banda pero non quixen facelo. Así tamén ten un pase. 



Can fronte ao sol

venres, 14 de xullo de 2017

ESPERANDO

Gustaríalle a alguén esta cadeliña ofrecéndose a que a levaran? Ao mellor Merche cóntamo cando fagan reconto das súas vendas.


xoves, 13 de xullo de 2017

RESTOS

Nin se me ocorre repetir o do ano pasado pero sí que cederei as libretas que ainda teño daqueles días. A non ser que Rita queira volver a asarse viva💓

mércores, 12 de xullo de 2017

FLORES DE PAPEL

Deste caderno o máis difícil foi pintarlle as tapas. Despois, a silicona e as flores de papel fixeron o resto. 😜

domingo, 9 de xullo de 2017

Ábore

Acabei o tempo para facer as libretas que me pediron. Entregareinas mañá. Desexo que gusten e a xente as leve.

xoves, 6 de xullo de 2017

VOLVEREI A CAMBADOS

Encántame saber que o meu ocio serve para algo tan bonito.... ou máis... que para os amigos, amighas, compañeiros.... Hoxe Merche pediume que, se podía, lle levase máis libretas. De puntos teño poucas e non merecen a pena, por iso estou traballando "intensamente" para levarlle algunhas de rápida feitura.

martes, 4 de xullo de 2017

AME

Esta é unha das 8 libretas que deixei hoxe na tenda solidaria que AME de Cambados ten no baixo da Casa Torrado. Pilloume desprevenida!!! e traballei rápido para poder colaborar con elas-eles. Teñen un montón de cousas así que ogallá teña moitas visitas. Sorte para Merche e as colaboradoras.


sábado, 1 de xullo de 2017

CADERNO DE FIRMAS

Só teño esta imaxe de caderno de Marina. Está sen rematar. Fáltanlle catro detalliños que completaron un chisco a portada.