LIBRETAS

luns, 27 de febreiro de 2017

AGASALLO

Agasallo de última hora. As présas non van comigo pero as veces o urxente obriga. Pola cara paréceme que lle gustou. Seguro que a sorpresa foi máis grande que o regalo. 







sábado, 25 de febreiro de 2017

VIOLA

Viola ou pensamento? A diferenza non é doada para min que non sei de botánica nin de agronomía. En calquera caso é unha flor, en tonos azuis tal e como me pediron.


VIKINGO

Unha versión en axenda dourada dun vikingo de Manuel Marín. Neste caso só o escudo está punteado.



mércores, 22 de febreiro de 2017

A PELO

Este motivo pola contra non foi deseñado previamente. Coa portada negra diante empecei a colocar redondiños e acabou sendo así.

EN QUE QUEDOU

Non ten nada que ver, xa o sei, pero é o que pasa: unha cousa era e ao final esa cousa é.



domingo, 19 de febreiro de 2017

UN TRABALLO NUNCA REMATADO

Hai veces que non todo ten final como o caso deste caderno que me cansou e está esquecido nalgún trasteiro ou faiado, pero tamén é certo que debo recuperalo porque a libreta está feita e a portada pódese levantar aplicándolle auga e rascando con pincel. Foi un dos primeiros enredos desta historia.

UNHA TARDE DE PUNTOS

Todo remata e cómpre repoñer. Anque teño unha pequena colección de puntiños hai veces que as cores esgótanse ou o tamaño dos puntos cilíndricos (que non círculos por certo) non son axeitados. Onte paseime as miñas boas 3 horas taladrando papeis mentres escoitaba na tele unha reportaxe do resultado das votacións de Vistalegre II e das consecuencias para o secretario político e portavoz da agrupación no Congreso. Ai que demo!!! Disque o fulminaron ... ou non.  Pero volvamos cos non círculos e sí cilindros



AI! O AMOR

Neste caso non foron libretas, foron marcapáxinas as que regalei en San Valentín. De feitura moi doada e rápida porque 69 compañeiros e compañeiras aos que quero, bueno, a unha chea deles/as quéroas e ás demais aprecioas e están en proceso de chegar ao caixón emocional. Para ese día fixen esto e tamén unha rosa de encargo que duran máis que as frescas 😩



xoves, 16 de febreiro de 2017

ESPERANDO

Agora estou no deseño de dúas novas portadas. De momento fixen estes modelos mais xa veremos no que quedan.


Por suposto, se vos gustan podedes collelos.
s

LORO, PAPAGAIO OU DA FAMILIA

Non sei distinguilos moi ben pero dalgunha familia das Psittacidae, Psittrichasiidae ou Psittaculidae son. Un levouno Rosi, profe do cole e a outra ainda está agardando escapar da casa.



martes, 14 de febreiro de 2017

MASCARÓN

A cabeza do drakar vikingo quedou en Catoira, como non!



CRANIO


E se a anterior era rariña, anda que esta!!! Pero a Blanca vanlle os cranios nas camisetas, nos cordóns, nos pañuelos e parece que tamén nas libretas. Ten máis e ainda as regala 😛



COUSAS RARAS

Un antollo? Eu que sei! Pero pedíronme este traballo tal cual e fíxeno. Hoxe seguro sería distinto porque esa especie de muller enramada ainda se ve demasiado... disque.


sábado, 11 de febreiro de 2017

FEITURA

Ola a todas e todos. Quero respondervos en conxunto. Que, como fago as libretas? Non é doado nin complicado. Levan tempo, iso si.
    As portadas son de cartón prensado gris que eu pinto ao meu xeito ou ao voso, segundo me pidades. Logo debuxo ou marco enriba -no caso de que o motivo sexa complicado-. De seguido taladro a portada, contraportada e folios e métolles a espiral. O número de folios non sei cal é, aproximo a ollo, máis ou menos 80 quizais. Se alguén prefire o papel raiado, cadriculado, cartulina ou papel de debuxo ou foto pois non ten máis que dicilo. Coa libreta armada empeza o bonito: decorala con puntiños de papel de cores. algúns do tamaño de cabeza de alfiler. Vai pegado con cola branca e barnizada ao final con alkil... e xa está. 

Máis ou menos é esto:


E esta é a colección de puntiños:


De onte saen os puntiños? Esta é outra! Pois dos desperdicios das troqueladoras. Normalmente das troqueladoras aproveitamos o motivo bonito (cenefas e derivados) pero eu xusto me quedo co sobrante, co que normalmente unha persoa sensata tira. Así que imaxinádevos a cantidade de de troquelados que fago e maquiniñas que busco. Bueno, esas cousas bonitas que saen das troqueladoras tamén as conservo para agunhas outras creacións que me piden.

E non! Non gasto moito papel, Sirve todo: bolsas de papel dos comercios, follas de revistas, folios para tirar, catálogos de roupa ,do súper ou dos comercios de decoración de papel pintado e tamén cartulinas que teño que comprar ou papeis que me gustan das papelerías. 

GOLFIÑO NA RÍA

Penso que mellor que golfiño imos chamarlle "arroás" pois son os que vemos no Ulla.


UNHA DE VIKINGOS

Esta libreta anda por Rianxo. Recoñezo que me doia un pouco deixala marchar pero o raparigo tíñao claro: quero esta! Unha moi semellante quedou en Cambados na casa dunha persoa moi moi querida.




O debuxo orixinal é de Manuel Marín Rodríguez, un excelente debuxante. Eu transformeino nesto. Unha cousa máis: ainda que os cornos venden, os vikingos non adoitaban levalos... nos seus cascos.

GAMELA

Acaba de sair do forno e xa está navegando a destino. Creo que é o que esperabas. Alégrome moito e grazas por confiar en min. Bicos.


xoves, 9 de febreiro de 2017

MANGA

As persoas danme moito traballo e lévanme mooooito tempo pero algunha teño feita: unha para Inés e outra non sei quen a levou. Son estas.




luns, 6 de febreiro de 2017

MANDALA


Agora estou con esto: a moda das mandalas. Xa a ensinarei cando esté rematada, Métenme presa e iso incomódame. Pero así, Anita, podes ver en que fase ando. Terala para cando a necesitas, acougha!!!

domingo, 5 de febreiro de 2017

DEPORTIVAS


Máis que deportivas, de fútbol, que tamén son moi demandadas e non só polos nenos, afortunadamente. Destas temos poucas imaxes e incompletas, pero algunha quedounos. 





PARA NENAS E NENOS

Ás veces a xente máis pequena elixe outros motivos para as súas libretiñas e tentamos darlles gusto. Nestes casos recurrimos a certos detalles que lles alegren máis a vista e case sempre triunfan. Vai por eles e elas.




sábado, 4 de febreiro de 2017